O conxunto feminino da UD Ourense arranca á súa andadura un ano máis. O equipo que adestra Rubén García preséntase ante á súa afección con 4 caras novas e numerosas renovacións. O plantel todavía non está pechado.
Tempada nova e vida nova. A UD Ourense segue traballando para confeccionar os seus equipos de cara o inicio das competicións.Nesta quenda tocoulle o plantel feminino, que voltará competir un ano máis na Primeira Autonómica, con opción de voltar a pelexar un ascenso que o ano pasado xa estiveron a punto de acadar.
Rubén García seguirá un ano máis ós mandos da nave vermella, que presenta varias novidades. A primeira delas no patrocinador oficial do conxunto, que será o Grupo TAR, levando o seu logo corporativo nas camisolas do equipo. Unha aposta polo fútbol femenino á que fai esta empresa e a que lle estamos moi agradecidos. JJ, Pub Symbol e Cervexería Áncora serán os outros 3 patrocinadores da sección feminina.
No capítulo de plantel, o equipo terá seis baixas confirmadas ca marcha das xogadoras Ches, Palo, Lola, Sara, Ile e Cae. A cambio chegan 4 novas incorporacións, que se suman ó proxecto e que aportarán xuventude e gañas de facer un bo papel. É o caso de Silvia, que chega dende o Cartelle de fútbol sala para reforzar a defensa ou de Lucía, unha dianteira de tan só 13 anos que procede do CD Velle. A elas súmanse tamén, Nerea e Laura procedentes do Chantada e Cidade de As Burgas, respectivamente. Dous reforzos para a medular.
O clube foi anunciando ó longo das últimas datas o capítulo de renovacións. Noé, María, Jani, Pacy, Lo, Andrea, Dana, Moni, Cris, Hele, Laura, Aida, Emma, Zaira, María Feijóo, Sofía, e Aldara seguirán no clube unha tempada máis.
O equipo comezou xa os adestramentos e realizarán duas sesións semanais nas instalacións do Colexio Miraflores, que será a nosa cidade deportiva tralo acordo acadado entre ambas entidades, e unha sesión semanal na instalación municipal que nos sexa adxudicada. Os encontros desputaranse tamén en instalación municipal. A idea é que poidesen ser desputados no Estadio Miguel Ángel (Pavillón dos Remedios) os domingos pola tarde en días distintos aos xogados polo primeiro equipo na casa, para así beneficiar desta forma unha maior afluencia de público e apoio ó equipo feminino, ou do contrario pretendemos seguir coa opción de xogar os domingos pola mañá no campo municipal de Santa Marta de Velle coma viña sendo habitual.
O plantel aínda non está pechado e pódense agardar novos reforzos, sendo a portería unha das prioridades de Rubén, que conta tan só para esta faceta coa presenza de Noé. A nosa aposta por xogadoras xóvenes e con fame de fútbol permitirá que o equipo siga crecendo e potenciando fútbol feminino.
Dende a UD Ourense queremos agradecer o compromiso das novas fichaxes e das rapazas que continúan, ademáis de agradecerlle tamén ós patrocinadores que apostan polo fútbol feminino nesta cidade.