A UD Ourense nutre a Selección Galega Feminina sub 16

con No hay comentarios

Seis das xogadoras da UD Ourense feminina son convocadas pola selección galega sub 16 para un adestramento oficial o luns en terras viguesas.

A aposta do clube pola xuventude vai tendo os seus frutos. O conxunto feminino renovouse unha tempada máis ca chegada de xóvenes promesas do balompé ourensán e agora e tempo de empezar a recoller os primeiros froitos. O futuro está a bo recaudo e varias das benxaminas do plantel, xa se fixeron un oco no XI titular do adestrador e van sumando puntos para converterse nas novas referencias do equipo.

A Seleccción Galega sub 16 ven de convocar a 6 integrantes da plantilla para un adestramento oficial este próximo luns, no terreo de xogo de Coia, as 18:00 horas. Zaira Fernández, Aida Ochogavias, Andrea Pardo, Lucía Laranjo, Celia Sousa e Nerea Rodríguez foron citadas polo técnico, Manu Fernández, para este acto oficial, no que se irá probando a xogadoras de diferentes clubes para competir defendendo a camisola de Galicia nos diferentes compromisos da tempada.

Dende o clube, queremos felicitar as nosas xogadoras por esta citación e animalas a seguir traballando co mesmo espírito que ata agora. O futuro é voso.