UD Ourense – Ribeiro FC: Derbi ourensán no Couto no que solo vale gañar

con No hay comentarios

A UD Ourense recibe a partir das 16:30 o Ribeiro no estadio de O Couto, nun partido no que a vitoria é imprescindible para os vermellos. Haberá rotacións con respecto o encontro de Pontellas.

Xornada intersemanal en Preferente, nunha semana clave e que comezou coa resaca da derrota dos vermellos no campo do Pontellas. O balón chega agora ata O Couto, onde o Ourense recibe a un Ribeiro que marcha penúltimo e que coma visitante baixa bastante o seu poderío. Pese a elo, os de Currás non queren confiarse ante un rival que sempre da guerra.

A UD Ourense buscará a súa sexta vitoria consecutiva coma local e seguir facendo de O Couto un fortín no que os rivais tropecen sempre. As opcións de ascenso e as matemáticas pasan por sumar de 3 en 3 na casa. Ademáis, o encontro chega nun momento clave, no que os de Currás deben recuperarse moralmente da derrota en Porriño, para afrontar o vital encontro do domingo en Bande, ante un rival directo e vello coñecido dos nosos.

O técnico vermello apostará por algunhas rotacións. Pato segue de baixa e non será da partida para este encontro. Samuel voltará a defender a meta. Na zaga, Codeso voltará a titularidade tralo parón en Pontellas. Aitor e Omar poderían ser dúas novedades na medular, namentras que Julio podería entrar de inicio no eixe da zaga. Currás buscará rotar pensando na trascendental saída da próxima fin de semana.

O Ribeiro, pola súa parte, chega a O Couto coma penúltimo da categoría, con 6 puntos no seu caseleiro. Os amarelos tan só sumaron un punto coma visitante, no derbi provincial en A Tella fronte o Nogueira. Nos outros catro encontros, os pupilos de José Luis Vázquez caeron derrotados fronte a Erizana, Atios, Moaña e Estradense. Para este partido non poderán contar co cancerbeiro Pabblo Pérez, unha das figuras do equipo e baixa vital para os visitantes.

Partido para recuperar sensacións, voltar a senda do triunfo e enganchar a afección novamente, que hoxe acudirá en masa para apoiar os seus e amosarlles que segue presente sempre, pase o que pase.