UD Ourense – Sárdoma «B»: A estrear o caseleiro de vitorias en 2018

con No hay comentarios

A sección feminina da UD Ourense recibe no estadio Miguel Ángel o Sárdoma “B”, as 19:00 horas. As de Rubén García buscarán a primeira vitoria do 2018 e darlle unha alegría a nosa afección. O adestrador terá varias baixas e varias xogadoras serán dubida ata última hora.

Despois do partidazo feito na casa fronte o Deportivo “B” e de acabar perdendo a pesares de plantar cara a un dos equipos punteiros da Liga, chega o momento de afrontar o primeiro partido da segunda volta, ante un rival da parte baixa, pero ante o que non hai que confiarse, o tratarse dun filial que pode baixar xogadoras do primeiro plantel para xogar co segundo equipo.

Rubén García afronta un partido que será toda unha incógnita. O Sárdoma “B” suma 14 puntos en 15 encontros , contando con 4 vitorias, 3 empates e 7 derrotas no seu caseleiro. Ademáis, suma un total de 23 goles a favor por 32 en contra. O obxetivo é a permanencia e contan cunha vantaxe de 4 puntos sobre os postos de descenso que marca o Torre. Nerea Cruz con 5 tantos é a súa máxima artilleira.

Ante un rival incómodo, o importante é aproveitar a mínima ocasión. A sorte non está acompañando o Ourense, tampuco nas lesións, xa que a enfermería está chea. Celia, Aldara e Lucía non serán da partida por lesión. Agárdase que Jani, que chega de Italia, poida ser da partida e entra na convocatoria. Dana e Andrea serán seria dúbida ata o calentamento, debido a molestias musculares.

As ourensás suman 22 puntos en 15 xornadas, con 6 vitorias, 4 empates e 5 derrotas. Anotaron 31 tantos e encaixaron 27 no que vai de competición. A última vitoria remóntase a antes do parón de Nadal, cando sumaron os últimos 3 puntos, tras unha racha negativa de resultados. As ourensás buscarán rematar o máis alto na táboa e as súas opción pasan por partidos como os de mañá.

Tarde futbolística para o ourensanismo co encontro do masculino en O Couto e o partido do feminino nos Remedios. Tarde para volcarse cas nosas.