UD Ourense – SD Orzán: Velle acolle un partido importante para recuperar sensacións

con No hay comentarios

A UD Ourense recibe o SD Orzán, que regresa a máxima categoría do fútbol galego feminino, despois dun ano na segunda trala súa fusión co RC Deportivo. Rubén García contará con baixas importantes, pero o partido presumiblemente é dos que se espera que acabe con vitoria.

O conxunto feminino da UD Ourense afronta na matinal do domingo un novo compromiso ligueiro, o segundo consecutivo diante da afección. Esta vez toca desprazarse a Velle e desputar o encontro as 12 da mañá, xa que coincidindo masculino e feminino con partidos na casa, esta era a millor opción para motivar a afección a acudir a ambos encontros.

As pupilas de Rubén García buscan retornar a senda do triunfo, despois da derrota no estadio da Milagrosa e do empate acadado a pasada fin de semana fronte o Mos. As vermellas agardan voltar a sumar 3 puntos e auparse cara a parte alta da táboa, obxetivo claro de cara o final de tempada.

Enfronte estará un histórico do fútbol feminino galego coma o Orzán, que tras unha tempada sen competir polo xurdimento do RC Deportivo, voltou a comezar en segunda autonómica e regresou esta tempada a primeira galega. As coruñesas son un equipo xoven, con moitas ganas de sumar e que apostan por acadar a permanencia e seguir formándose.

No que vai de liga, as coruñesas so suman 3 puntos de 12 posibles. Unha única vitoria no campo do Tordoia por 1-3 e 3 derrotas fronte a Deportivo «B» (2-0), Sárdoma «B» (1-2) e Milagrosa,a pasada semana (0-3). Números pouco favorables, pero que tratan de revertir con ilusión.

Rubén García non poderá contar para este encontro cas baixas xa coñecidas de Moni e por lesión Moni e Lucía. Zaira, Feijoo, Enma e Andrea non entran na convocatoria, que se compón das seguintes xogadoras: Noe, Paula, Silvia, María, Pacy, Lo, Celia, Sofía, Dana, Nerea, Laura, Hele, Jani, Aida, Cris y Aldara.