A UD Ourense imponse o Orzán nun encontro na que as pupilas de Rubén García foron moi superiores. Jani, Celia e Lo anotaron os tantos do triunfo das ourensás, que superaron as coruñesas por 3 tantos a 1.
Partido importante o que desputaban as rapazas da UD Ourense na mañá do domingo en Velle. Coa coincidencia co conxunto masculino o actuar ambos de locais, o partido trasladouse a matinal e o estadio de Monte da Aira. As vermellas buscaban a vitoria despois de dúas xornadas sen gañar, sumando unha derrota e un empate, que soubo a pouco, trala remontada do Mos.
Chegaba a Ourense o Orzán, equipo da parte baixa. Clube idóneo para sumar tres puntos e recuperar a moral tras dous tropezos e a lesión de Mónica, capitana e alma matter do equipo. O encontro arrincou con dominio local e as primeiras ocasións non se fixeron esperar, cun disparo de Hele, que non atopaba o interior da rede e pouco despois era Cristina a que probaba sorte, pero topábase ca porteira rival.
Jani abría a contenda cun remate de cabeza a centro de Hele. Era o primeiro da mañá e non tardaría en chegar o segundo, cando Celia, unha das benxaminas do equipo, sumábase o ataque dende o lateral e batía a cancerbeira herculina cun centro chut. Con esta vantaxe chegouse o descanso, pero a renta puido ser meirande, aínda que o coiro finalmente non quixo entrar.
Trala reanudación, chegaron varios cambios, incluido o de porteira, pero antes chegaría o terceiro da mañá, obra de Lo, que sumábase o ataque e cazaba un coiro morto na área tras varios despexes e intentos de Hele por definir. Estela recurtou diferencias a 20 minutos para o remate do encontro, pero o marcador xa non se movería.
Vitoria da UD Ourense, que se sitúa con 10 puntos en sexta posición a 3 puntos do Arousana, que é segundo e a 5 do Valladares, líderes en solitario e precisamente rival na próxima fin de semana.
Preme na seguinte ligazón e poderás visualizar a galería fotográfica do encontro:
Reportaxe de #AsNosas