UD Ourense – SD Tordoia: Estreo do feminino diante da nosa afección

con No hay comentarios

A UD Ourense recibe o SD Tordoia no estadio Miguel Ángel, nun encontro que serviralles as pupilas de Rubén García para estrearse diante da afección. O técnico voltará a contar con numerosas baixas, pero recupera a cancerbeira Noe.

O equipo feminino volta a competición por segundo fin de semana consecutivo e ca novidade de xogar coma local por primeira vez esta tempada. As pupilas de Rubén García estrearanse no estadio Miguel Ángel, que acollerá por primeira vez un encontro de fútbol feminino, unha oportunidade única para que os ourensáns e as ourensás acudan en masa a apoiar o único conxunto desta modalidade que hai na cidade.

O partido a priori preséntase factible, pero non haberá que descoidarse ante un equipo que non rematou a pasada campaña da mellor maneira posible, pero que esta arrincou con victoria, despois de imporse na casa o Milagrosa por un apretado 4-3. O conxunto blanquiamarelo conserva gran parte do bloque da pasada campaña, con tres novas incorporacións procedentes do fútbol sala e ca chegada dun novo técnico.

Pola súa parte, o conxunto vermello chega a este encontro tras imporse a domicilio o Sárdoma «B», nun encontro marcado polas numerosas baixas das nosas xogadoras, pero no que souperon reporse e fixéronse coa victoria por 1-3, co debut de varias das benxaminas do equipo, entre elas Paula e Celia, que cuaxaron unha grande actuación.

Rubén García deu a coñecer a lista de convocadas para o encontro de mañá, que é a seguinte: Noe, Paula, María, Silvia, Pacy, Lo, Celia, Sofía, Mónica, Dana, Nerea, Hele, Laura, Aída, Aldara e Zaira. Cáense da convocatoria. Por contra Jani e Cris causan baixa por motivos laborais.

Partido aberto ante un rival recén descendido, pero que coma visitante baixa o seu rendemento notoriamente. Unha incógnita de cara a mañá, pero seguro que as nosas volven xogar a gran nivel e amosan a cidade que o fútbol feminino tamén pide paso en Ourense.