A UD Ourense recibe a UD Mos no estadio Miguel Ángel a partir das 17:00 horas. Un encontro na que as pupilas de Rubén García buscan retornar a senda do triunfo, despois do tropezo no campo do Milagrosa.
Dos tropezos apréndese e das derrotas toca erguerse. O conxunto feminino da UD Ourense xa está buscando unha nova oportunidade para retornar a senda do triunfo. O tropezo no campo da Milagrosa foi un pequeno bache no camiño, unha pedra na que se esbarou, pero da que toca tomar nota para seguir adiante. Chega unha oportunidade de ouro, ante un rival descoñecido ata agora, pero ca nosa afección coma testigos.
Chega a Ourense a UD Mos, equipo inédito en enfrontamentos esta tempada e que non o porá nada fácil para as nosas rapazas. O conxunto mosense chega invicto a cidade das Burgas e con 7 puntos no seu caseleiro. Dúas vitorias diante do SD Torre e o Victoria «B» e un empate na súa única salida fronte o Milagrosa. 6 goles a favor e un en contra nos 3 encontros desputados, precisamente o gol encaixado foi a domicilio.
Rival complicado e que está amosando os seus credenciais para estar na parte alta. As nosas buscarán a terceira vitoria do curso, nun encontro marcado novamente polas baixas no conxunto vermello. Emma por motivos laborais, Lucía e Mónica por lesión e Pacy por sanción non serán da partida. Aldara e Silvia non entran na convocatoria.
Este será o segundo encontro no que o equipo non poida contar ca súa capitana, pero o primeiro tras coñecerse a súa grave lesión, con rotura do ligamento e do menisco o que a terá apartada dos terreos de xogo durante varios meses. Unha perda moi importante, pero que fará o equipo crecer. Faltará a líder sobre o céspede, pero o seu espírito impregnará as súas compañeiras.
Tarde de fútbol feminino en Ourense, unha gran opción para que a xente se achegue os Remedios e desfrute das nosas xogadoras. O fútbol feminino engancha e a nosa cidade e o clube tamén apostan por él.