UD Ourense – USD O Grove: En busca da vitoria ante un rival asequible coma visitante

con No hay comentarios

A UD Ourense recibe a USD Grove na tarde do domingo a partir das 17:00 horas. Os de Currás, que contan os seus partidos coma locais por vitorias, buscan prolongar a súa boa racha de imbatibilidade e seguir facendo de O Couto un fortín. O rival chega a terras ourensás sen coñecer a vitoria a domicilio, onde baixa o seu nivel con respecto os partidos coma local.

O Couto volta a acoller un novo partido da UD Ourense e faino cos ollos postos sobre o céspede, dado que o outro equipo da cidade xogará na matinal o seu compromiso ligueiro. O acordó alcanzado polos unionistas ca Xunta, dalles ventaxas a hora de elexir o horario no caso de coincidencia, pero a elección do outro conxunto de xogar na matinal fará que o céspede se resinta de cara a tarde.

No plano futbolístico, nova a cita para unha cidade que respira fútbol e un club que xa se achega os 1.500 socios, cifras marcadas coma obxetivo o principio de temporada. Unha nova proba para os de Currás, se queren recuperar as posicións de ascenso directo, despois do empate acadado na visita a Campo Lameiro. A elo súmase a necesidade de sumar de 3 en 3 coma locais, para non perder ritmo ca cabeza e como proba vital das matemáticas vermellas para acadar o ascenso.

Currás poderá contar para este encontro con todo o seu plantel, despois de que Aitor Martínez finalizase as súas labores profesionais. A enfermería está valeira e esto provoca que o técnico vermello teña un auténtico quebradeiro de cabeza para confeccionar un XI coa amplitude de plantel do que dispón. Agárdanse algunas variacións, aínda que a aliñación titular será moi similar a que nos ten acostumados. Pato será o encargado de defender a meta e na zaga podería descansar Codeso, un dos máis empregados, para dar entrada a Germán e Corzo no eixe da zaga, con Oli e Josu nos laterais. Na medular Luis, Fran e Durán apuntan a titulares, aínda que Bruno e Omar poderían ser alternativas. O tridente ofensivo completarano Alfredo, Joni e Hugo. Unai podería ser a gran novidade tras as súas últimas grandes actuacións.

A USD Grove chega O Couto situada en oitava posición con 13 puntos a 4 dos ourensáns. O conxunto pontevedrés ven de sumar unha vitoria importante fronte o Valladares por 3-0. Os grovenses son un oso duro de roer coma locais, xa que teñen saido victoriosos dos seus 4 partidos. Coma visitantes, o seu nivel baixa considerablemente e chegan a Cidade das Burgas buscando a súa primeira vitoria a domicilio. Nos outros catro encontros que desputaron coma visitantes caeron en 3 enfrontamentos (Moaña, Nogueira e Atios) e cederon un empate (Erizana).

O conxunto adestrado por Manuel Blanco amosou falta de gol en dous dos partidos coma visitante. Fronte a Nogueira e Moaña non logrou ver porta. Si o fixo fronte o Atios, acadando un tanto e fronte o Erizana, cando anotou 3. En canto a goles encaixados nos catro citados partidos a domicilio, recibiu 10 goles na súa porta. En canto a parcela ofensiva, destaca a aportación de Diego Lorenzo con 5 tantos, Jacobo Esperón con 3 e Rubén Carreira con 2.

Proba importante para os pupilos de Fernando Currás que buscan seguir sumando a afección e que non pensan noutra cousa que non sexa gañar. Manter a portería a cero será outra das tarefas pendentes dos vermellos. Unha asignatura da que se terán que voltar a examinar, tras varios partidos consecutivos encaixando.