O conxunto feminino da UD Ourense recibe na matinal do domingo en Velle o Viajes Interrías, a partir das 12:00 horas. As de Sanxenxo son un dos equipos máis coñecidos polas unionistas, pois compartiron categoría durante as tres tempadas de vida do clube vermello. As de Rubén García buscarán voltar a senda do triunfo tralo tropezo en Valladares.
As féminas voltan a xogar en Ourense e o igual que fai 15 días fronte a SD Orzán, regresan a Velle, debido a coincidencia coma locais co primeiro equipo e a dificultade de xogar na matinal do domingo no campo municipal Miguel Ángel. Tras a dura derrota acadada fronte o Valladares, no que o resultado foi enganoso, as pupilas de Rubén García queren reencontrarse coa vitoria ante un dos rivais directos na loita por acadar as 3 primeiras plazas.
As vermellas afastáronse dos seus obxetivos nas últimas xornadas tralas derrotas sufridas fronte a Valladares e Milagrosa e o empate diante do Mos. Actualmente son oitavas con 10 puntos a 4 do Interrías, que é precisamente terceiro e a 6 do Arousana, segundo e un dos favoritos da competición.
Con estes alicientes, o de mañá non será un partido máis, xa que as nosas deben sumar 3 puntos se non se queren afastar do seu obxetivo. A lesión de Mónica lastrou gravemente o equipo, pero Emma xa está dispoñible para xogar, un reforzo de luxo na dianteira. As novas incorporacións tamén veñen pisando forte, a pesares da corta idade, e reclaman un sitio no XI.
O rival é un vello coñecido das ourensás, as que xa se enfrontaron nas dúas tempadas anteriores, tanto na Segunda Autonómica, coma o ano pasado en Primeira. Trátase de un equipo rocoso e que xera moito perigo en ataque. Coma locais teñen un plus engadido, pero coma visitantes tampouco se renden, amosando un bo nivel e dando máis dun quebradeiro de cabeza as zagas rivais.
As de Sanxenxo todavía non coñecen a derrota no que vai de tempada e amosaron ata o de agora, unha gran solidez defensiva, con tan só 2 tantos encaixados en 6 xornadas desputadas, sendo xunto o Valladares, o equipo menos goleado da categoría. Coma locais contan os partidos por vitorias e coma visitantes acadaron un triunfo ante o Victoria e dous empates fronte a Deportivo «B» e Tordoia. Fronte o filial blanquiazul foi o único encontro no que non viron porta.
Rubén García non poderá contar para este encontro ca baixa xa coñecida de Mónica por lesión. A ela súmanse Paula e Lucía, tamén mancadas e Zaira, Aída e Aldara por decisión técnica. A convocatoria estará composta por: Noe, María, Paci, Nerea, Jani, Silvia, Hele, Emma, Laura, Celia, Andrea, Dana, Cris, Sofía, Lo e Feijoo.