A UD Ourense recibe o Victoria CF «B» en Os Remedios, nun encontro no que as vermellas buscarán 3 puntos que alonxen os seus perseguidores e permítanlles recurtar diferenzas cos conxuntos da parte alta da táboa.
Nova cita para o conxunto feminino que adestra Rubén García, que recibe esta tarde nos Remedios o Victoria coruñés, conxunto que marcha en metade de táboa e que suma dous puntos menos cas vermellas. O equipo recuperouse anímicamente, despois do escándalo de Arousa e tratará de regresar a senda do triunfo na casa, tras dous encontros sen sumar os 3 puntos.
As vermellas chegan a cita con varias baixas. A xa coñecida de Mónica, sumáronse Silvia, Hele, Lucía e Aldara, ademáis de Paula, que xa non forma parte do equipo. O punto positivo e a recuperación de Loh e Laura, que arrastraban molestias e que xa parecen reuperadas, tras completar as sesións de adestramento intersemanais.
O rival chega con 16 puntos no seu caseleiro e situado en mitad de tabla. As coruñesas atravesan un momento doce, xa que de 9 puntos posibles, sumaron 7, o cosechar un empate e dúas vitorias consecutivas, que lle permitiron o equipo albinegro escapar da parte baixa da táboa. Coma visitantes, as herculinas acumulan 4 derrotas (Umia, Arousana, Mos e Deportivo «B»). Curiosamente, equipos da parte alta da táboa, pero tamén suman dúas vitorias, que acadaron fronte a Torre e Tordoia, rivais da parte baixa.
Son o terceiro equipo que máis goles recibe, sendo a súa zaga un dos puntos débiles a castigar por parte das nosas, que queren voltar a senda positiva e recuperar sensacións. Esquecer o de Arousa non solo é posible, senón que é unha obrigación. O camiño segue e a seguinte parada é o Victoria.