Derrota do conxunto feminino na súa visita o Umia. As rapazas de Rubén García mereceron millor sorte, pero as baixas e a lesión de Celia que tivo que marchar en ambulancia, lastraron a un equipo que se viu sorprendido en dúas xogadas clave.
A mala sorte segue cebándose co conxunto feminino da UD Ourense. As vermellas voltaron a caer derrotadas nunha nova saída e para máis inri, perderon a outra peza do engranaxe táctico, Celia, que caeu lesionada e tivo que marchar en ambulancia, estando o partido parado durante case 20 minutos para poder evacuala. Os ananos seguen crecendo a un equipo que ten a enfermería a tope e que conta con baixas importantísimas e que están lastrando o xogo do equipo.
O Umia presentábase coma un rival complicado, perigoso en ataque e a balón parado e que acabou por amosar as súas armas e sacar petróleo dos seus recursos. As pupilas de Rubén García gozaron de boas ocasións para sacar un millor resultado, pero non foron quenes de definir, o revés que as locais, que sacaron rédito nas súas dúas chegadas.
A primeira parte estivo marcada pola desputa do coiro e polas poucas ocasións. Cristina e Hele foron do máis destacado, pero topáronse ca meta. A lesión de Celia foi unha sensible baixa, máis se cabe cando na segunda metade tivo que facer acto de presencia a ambulancia. A lateral está pendente de saber os resultados das probas para ver cantos partidos se perde.
Cando a primeira parte chegaba o seu fin, chegou o primeiro tanto do Umia, aproveitando un saque de curruncho. Cabezazo ante o que nada puido facer Paula, hoxe titular trala lesión de Noe.
Xarro de agua fría do que as nosas se recuperarían na segunda metade, cando se lanzaron a polo encontro e arrinconaron as rivais na súa área. Foron minutos de dominio absoluto das vermellas, que trenzaban e dominaban e gozaban de ocasións, ata que Hele conseguiu empatar o choque, tras dous remates de Pacy que foron rexeitados.
Co empate, o equipo viuse arriba e asfixiaba a un rival que non facía máis que defenderse, ata que tocou parar o xogo 20 minutos por mor da chegada da ambulancia para asistir a Celia. Ahí estivo a clave, pois trala reanudación, o Umia saiu máis metido e recuperado físicamente, e voltou a porse por diante cun disparo lonxano no que Paula non lograba meter a man para atallar.
Con 2-1 chegouse o final. Derrota dura e nova lesión para un equipo que cada vez ten máis lonxe o obxetivo da parte alta da táboa e que estase centrando na formación das súas xóvenes promesas.