A UD Ourense afronta un novo compromiso ligueiro visitando o Umia. Rubén García non poderá contar para este encontro con dúas baixas de última hora, a cancerbeira Noe e a centrocampista Dana. Rival complicado coma local e que conta con moitas armas.
Oitava xornada de competición na Primeira División Galega de Fútbol Feminino para un Ourense que busca seguir crecendo e superando os contratempos que se voltan a cruzar no camiño unha tempada máis. As vermellas están facendo unha boa campaña, lastradas, eso sí, polas lesións que salpican un ano máis o clube e que fan que xogadoras importantes no esquema, non poidan contar para o técnico. As baixas están sendo un hándicap na loita por estar arriba, aínda que todavía queda moita liga.
As vermellas buscan retornar a senda da vitoria, tras dúas xornadas sen sumar os 3 puntos e nos que o equipo tan só acadou un empate fronte o Interrías e no que a derrota en Valladares foi unha lousa difícil de soportar. Agora chégalle o turno a un Umia que está situado séptima posición con 13 puntos, un posto por diante das nosas e con 2 puntos máis, polo que se trata de un rival directo na loita por achegarse os postos de cabeza.
As de Barrantes contan cun plantel no que destacan tres xogadoras. House, a cancerbeira, que xa estivo as ordes de Rubén no Barbadás, é todo un seguro baixo paus. Miriam, na medular, é unha xogadora cun gran golpeo de balón e que xera moito perigo na conducción, ademáis de ter pasado pola Primeira División. Arriba o gol e o perigo pono Alba Ferrer, unha xogadora na que as defensas ourensás deberán poñer os seus ollos e sentidos.
As coruñesas son un rival complicado coma locais, xa que a súa fortaleza aumenta. Un equipo que xera moito perigo a balón parado e na estratexia. No que vai de tempada tan só o Deportivo «B» foi capaz de gañarlles no seu campo por 1-4. Tordoia e Victoria «B» caeron derrotados.
Pola súa banda, o Ourense afronta este choque ca baixa xa confirmada de Mónica por lesión, a que se sumou Lucía, tamén mancada. Rubén tampouco poderá contar con Noe, que se perderá as próximas xornadas de competición, nin con Dana, aqueixada dunha bronquitis. Zaira e Silvia non viaxan por decisión técnica.
O esquema variará debido as baixas e será o momento de ver o desenrolo dalgunha das xogadoras máis xóvenes coma Paula, Aída, Celia ou Andrea. Saída compricada por mor da enfermería para as nosas, pero na que seguro que nos deixan un gran sabor de boca, algo o que xa nos teñen habituadas. Mañá domingo a partir das 16:30, o coiro botará a rodar.