Unha entrada a 3 euros para cada socio/a fronte o Campo Lameiro

con No hay comentarios

Aproveitando a presentación de Adrián Presas coma novo xogador do clube, o presidente da UD Ourense anunciou unha das novidades para o partido do domingo ás 12:00 horas fronte o Campo Lameiro. O clube poñerá a disposición de tódolos socios e aboados que así o desexen, dunha entrada por carné ao prezo de 3 euros, para deste xeito, animar a afección a traer a familiares e amigos e celebrar unha día de confraternización futbolística na bancada de tribuna do estadio de O Couto.

Dende o clube agardamos a presenza da nosa masa social, que acudirá coma sempre á chamada para animar e dar alento ós nosos nun partido vital para sumar 3 puntos e comezar desta volta unha boa xeira de resultados. O presidente quixo destacar que, «a hora foi elexida polo partido da tarde Atlético – Barcelona, que podía deixar a algúns afeccionados sen vir ó partido. Tamén queremos pedirlle un esforozo os fieis que nunca fallan, de xogar pola mañá. Necesitamos o maior número de apoios para un partido moi importante e no que pode que debute Adrián».

Modesto tamén destacou que se trata dunha iniciativa novedosa e enfocada o horario. «Non nos gusta regalar entradas, pero pensamos que ofrecer este desconto os socios/as era unha boa iniciativa para fomentar a presenza nun partido que se xogará ás 12:00h. Estamos seguro de que a bancada de tribuna voltará a lucir as súas mellores galas e que entre todos conseguiremos o obxectivo».

O presidente tamén tivo boas palabras para a iniciativa dos afeccionados de acudir no día de hoxe, venres ó adestramento a Miraflores. «Dende o clube queremos agradecer as mostras de agarimo dos afeccionados que se darán cita no adestramento do venres para apoiar o equipo. Hai que agaradecerlles que nestes días de choiva e tendo que desprazarse ata Miraflores, vaian estar ahí. Esto non fai máis que amosar a filosofía deste clube de fútbol popular que é de todos», finalizou.

Así que xa sabes amigo/a, o domingo temos unha cita no Couto porque,

#Rendersenonéunhaopción