Unha Pretempada chea de partidos

con No hay comentarios

Comeza unha nova tempada e a continuación informamos dos que serán os nosos enfrontamentos para a preparación do primeiro equipo de cara a nova campaña:

 

  • 29 de xullo campo de Barbantes. O primeiro partidiño será unha sesión especial na que se enfrontará un combinado de xogadores e xuvenís, que farán a pretempada co primeiro plantel, fronte a outro das mesmas características. Quenes xogarán en cada equipo? Quen dirixirá a cada un? Todo é sorpresa para ver por primeira vez aos nosos xogadores en acción.

 

  • 2 de agosto campo da Carabina. Desprazarémonos a Loñoá para desputar o primeiro amigable, fronte un dos equipos que acadaron a tempada pasada o ascenso á primeira rexional.

 

  • 5 de agosto –  III Memorial CD.Ourense. Estadio do Couto ás 19:30 horas.
    A nosa estrea diante da nosa afección non podía ser de outra maneira que no III Memorial CD. Ourense e na nosa casa.

Para esta nova edición tivemos o pracer de convidar a un dos nosos amigos do fútbol popular, Unionistas de Salamanca. Un equipo irmán coa mesma filosofía na que os seus socios e as súas socias son protagonistas do club, e que representan o sentimento da afección Salmantina.
Na tempada pasada disputou a fase de ascenso á 2ª B na que estivo a piques de acadar o ascenso, completando así unha formidable campaña sendo un dos equipos favoritos e unha referencia dentro do fútbol popular.

Unha persoa moi destacada fará o saque de honra. Sorpresa sorpresa!!!

 

  • 8 de agosto Triangular en Maceda. Campo Cardenal Quiroga. Espectacular triangular que terá lugar na vila de Maceda, no que poderemos enfrontarnos a dous rivais moi respetados e de superior categoría, coma son a Unión Deportiva Barbadás e o Ourense Club de Fútbol.

  • 10 de agosto Polígono e Peroxa CF. Unha xornada na que teremos que dividirnos en dous, dado que o mesmo día xogaremos no campo do Marco da Peroxa e no Antonio González do Polígono.

O noso corpo técnico tentará facer os mellores equipos competitivos posibles, nos que lle se dará a oportunidade a algún xuvenil.
Acudiremos con toda a profesionalidade que merece a prepararnos contra dous equipos consolidados na Provincia, que seguro darán a batalla para acadar os primeiros postos da  primeira rexional a campaña que ven.

Lamentamos por nosa afección que teñan que elixir un dos dous partidos, e sobre todo por nosos amigos e compañeiros do Polígono e A Peroxa por non poder acudir ao completo. Seguro que teremos mais ocasións.

  • 12 de agosto campo de San Rosendo. Visitaremos a vila de Celanova para enfrontarnos contra o Pontevedra CF., nun bonito encontro no que veremos ata onde chegan as nosas forzas fronte un durísimo equipo, destinado a ocupar os postos de promoción á 2 División Nacional. 

Un auténtico luxo contar co espectacular compo do Sporting de Celanova e ante un clube coma o Pontevedra CF.

 

  • 15 de agosto campo dos Carrís. Presentación dos nosos amigos da UD.Barbadás. Un pracer para nos poder desputar este bonito amigable no que o Barbadás se presentará ante a súa afección.

  • 19 de agosto campo da Moreira. Imos a Xinzo para desputar o penúltimo encontro da nosa preparación. Un pracer acudir xunto nosos amigos do Antela FC, e ó seu campo da Moreira que sempre presenta unhas condicións espectaculares para a práctica de xogo, e cun ambiente tan acolledor que mais se pode pedir.

  • 20 de agosto campo do Seixo. Finalizaremos a pretempada na vila de Xan de Arzúa contra o Allariz CF. Un equipo tradicional da nosa provincia e referente na primeira rexional.

Destacar que foi o único equipo da nosa pequena historia ao cal non fumos quen de doblegar, perdendo nas dúas ocasións nas que nos enfrontamos. Un partido xenial para poder rematar a nosa preparación de cara a nova e apaixoante tempada.