A nosa entidade estivo presente na I edición Sportur Galicia que tivo lugar esta fin de semana no recinto ferial Expourense.
Gran acollida e repercusión que tivo para a cidade de Ourense a primeira edición Sportur Galicia, salón do Turismo activo e o Deporte, no que grandes clubes de diferentes disciplinas deportivas se deron cita esta fin de semana en Expourense. Unha xornada chea de actividades e promocións turísticas e deportivas que poideron desfrutar os centos de persoas que se achegaron a este novo evento e no que a nosa entidade non podía faltar.
A continuación anunciamos os agraciados do sorteo realizado por parte do noso club, no que se sorteaba unha camiseta oficial e unha fin de semana para duas persoas nun dos balnearios Caldaria.

BALNEARIO: LUCÍA ALONSO FERNÁNDEZ CAMISETA OFICIAL: ALEJANDRO ROJAS GÓMEZ
Felicidades!!