Valladares 2-1 UD Ourense: Tropezo no debut en Preferente

con No hay comentarios

A UD Ourense tropeza no seu estreo na Rexional Preferente. O conxunto de Fernando Currás mereceu mellor sorte, pero non puido cun rival, o Valladares, que sacou proveito das súas ocasións e tirou de efectividade. O colexiado non axudou e equivocouse nalgunhas decisións moi claras. Pese a todo, gran imaxe a amosada e un público fiel que encheu de cor vermella as bancadas da Gándara.

Chegaba o día do estreo e a ilusión desbordábase entre o ourensanismo. Movilización masiva rumbo a terras viguesas e moito colorido vermello nas bancadas do estadio da Gándara, que se encheu para desfrutar dun encontro onde os locais quedaron anonadados coa afección ourensanista desplazada. Facía anos que non se vían as gradas locais así, tal e como comentaba o presidente.

O partido presentábase como a primeira pedra no camiño cara un novo ascenso. Xa avisara Fernando Currás na previa que non ía ser un camiño de rosas e efectivamente non estaba nada equivocado. A categoría será complicada e todos os equipos sairán o 200%, pero o máis importante é seguir dando a boa imaxe que hoxe se amosou.

O técnico apostou polo XI habitual dos amigables máis importantes, pero cunha pequena variación. Germán actuou de mediocentro defensivo e por diante del Luis e Rubén Durán. Pato foi o encargado de defender a meta e en defensa actuaron Josu, Codeso, Corzo e máis Oli. A tripleta ofensiva quedou a conta de Alfredo, Joni e Hugo.

O encontro non comezou da mellor maneira posible. Os locais sairon moi enchufados e aos 10 minutos, Tomás inauguraba o marcador tras aproveitar un centro dende a banda para enviar o coiro ao fondo da rede. Non se renderon os nosos, quenes rápidamente se volcaron sobre a meta rival. Joni tentouno cun disparo lonxano e pouco despois cedeu un gran balón a Hugo, pero o noso dianteiro non conseguiu rematar.

Espoleaba a afección ao equipo e chegaba o tanto do empate. Luis recuperaba un balón na medular e abría para Alfredo, quen dende a banda centraba ao primeiro pau e alí aparecía Hugo para enviar o coiro ao fondo da rede. 15 minutos pasaban de reloxo e o empate reinaba no luminoso, pero durou pouco a alegría. Aos tres minutos, un saque do curruncho do Valladares rematábao Varo cun testarazo ao fondo da rede. Posible falta sobre Alfredo no remate, pero o colexiado non decretou nada.

De ahí ao final da primeira metade o monólogo foi ourensanista, que apostaba polo fútbol directo nun terreo de dimensións moi pequenas. Germán tivo o empate nun saque de esquina, pero un zagueiro salvaba baixo paus. Posteriormente era Hugo en boca de gol o que perdoaba o tanto.

Tras o paso polos vestiarios chegou unha nova marcha máis dos ourensáns, que derono todo na procura do empate. Joni foi un dos máis activos no ataque, asociándose moi ben con Hugo. Ambos gozaron de boas ocasións nos primeiros compases do segundo acto. Tamén o tentou Germán de cabeza, pero o gardarredes local despexaba o coiro.

Pasaban os minutos, pero o tanto non chegaba. Currás daba entrada a Bruno por Luis e a Unai por Joni, refrescando así o equipo. O monólogo era total, pero a pelota non estaba de quero. Entón xurdiu tamén a polémica co colexiado, primeiro ao non sinalar un claro penalti sobre Pablo Corzo. Minutos despois expulsaba a Bruno por unhas protestas, amosándolle a segunda amarela, nunha protesta bastante tímida do mediocentro ourensán. Pero o colmo chegou coa vermella directa a Ruben Durán, despois dunha falta para nada dura e no que o trencilla veu unha entrada agresiva. O partido non tivera apenas entradas duras e destacaba pola limpeza e nesta ocasión volvía a errar.

Con dous homes menos, os de Currás seguiron volcados e morerron na área rival coas botas postas. Ao final derrota, pero optimismo e boa imaxe tanto dos xogadores coma da afección, que non fallou á primeira cita da tempada. Agora toca pensar no partido do domingo no Couto fronte ao Estradense, un dos rivais chamados a estar arriba e que chega tras golear por 5-0 ao Ribeiro.

Agradecer ao Valladares o exquisito trato dado aos nosos e desexarlles moita sorte no que resta de tempada.