A UD Ourense cae derrotada na súa visita a Valladares. O líder amosou as súas cartas e aproveitou as súas oportunidades. Resultado enganoso para o visto sobre o céspede. As vermellas gozaron de ocasións para sacar algo máis dunha visita complicada.
O fútbol ás veces é caprichoso e o conxunto adestrado por Rubén García puido comprobalo no encontro fronte ao Valladares. As vermellas sairon goleadas da súa visita ao territorio do líder, pero deron a cara e puideron sacar mellor rédito, aínda que a pelota non quixo entrar e lastrou as opcións das ourensás. O gol temperán do conxunto local foi unha lousa difícil ca que lidiar.
O encontro estivo marcado pola igualdade na primeira metade, que remataría por romperse na segunda, logo de que o encontro quedase visto para sentencia. Adiantouse o Valladares aos poucos minutos de arrincar o partido. Loli abría a lata e batía a Noe, nunha xogada rápida e que permitiu ás locais xogar ca ventaxe e facer un fútbol máis práctico.
Tralo gol, entrouse nunha fase de pouco fútbol e sen apenas ocasións. Non había quen impuxera o seu xogo e o fútbol ofensivo brilaba pola súa ausencia, o non haber claridade nas áreas, nin chegadas de perigo. Pouco que reseñar nos minutos posteriores, salvo algún tímido achegamento por parte de ambos conxuntos.
As locais sacaron maior rédito antes do descanso, tras aproveitarse dun erro defensivo, que deixaba ás vermellas con dous tantos en contra. Tralo paso por vestiarios, tentárono as nosas con dúas ocasións de Hele e outra de Cris, pero era un día no que a pelota non quería entrar e ao final acabou pasando factura.
O Valladares sentenciou o choque con 3 novos goles na segunda metade, despois de que as nosas se foran ao ataque en busca da remontada e dunha chea de cambios de Rubén, para dar entrada as benxaminas do equipo e ofrecerlles minutos. Ao final cinco tantos en contra, nun partido que en condicións normais houbese rematado doutro xeito, pero que finalmente saldouse cun duro castigo. Agora toca reporse para a próxima semana, pero se algo ten este grupo é que nunca se rende.