A UD Ourense faise coa victoria no primeiro amigable da pretempada. Ambiente de luxo nas bancadas de A Carabina, que rexistrou unha notable entrada para recibir ós nosos.
Primeiro test do equipo dirixido por Fernando Currás e primeira victoria por 0-3 fronte os nosos amigos do Loñoá CF. Destacar a boa actuación dos homes de ataque, que anotaron os tres tantos do conxunto vermello, que onte luciu de negro na primeira metade e de branco na segunda por diferencia cos nosos anfitrións. A parcela ofensiva amosa así a súa pegada, única posición do equipo na que non houbo reforzos.
Hugo García adiantou ós nosos no minuto 23, tras rematar de cabeza un gran centro de Jonathan Magisano. O Loñoá non se amilanou e buscou tamén a meta de Samuel, pero o bo facer defensivo impediu o tanto local. Antes do descanso puido haber máis tantos, pero non houbo eficacia ofensiva e os cancerbeiros evitaron os tantos.
Xa na segunda metade chegarían dous novos goles. O primeiro obra de Adrián «The Kid» e o derradeiro novamente sairía das súas botas. Salientar a boa actuación de Carlos, xuvenil chegado dende o Antela, e a boa imaxe que ofreceron todos os xogadores.
Un ambiente espectacular o que se amosou no campo da Carabina, a pesar de tratarse dun amigable e dun mércores de agosto en plena operación saída, polo que se poideron notar as ganas de fútbol que xa teñen os nosos afeccionados.
Agradecer ó público local e a afección desplazada, a súa presenza neste primeiro encontro preparatotio e a súa gran resposta. Tamén expresamos o noso agradecemento o Loñoá CF polo trato recibido e desexámoslle moita sorte nasta nova campaña que vivirán na Primeira Autonómica.