Victoria FC “B” 2-0 UD Ourense: As baixas lastran o Ourense

con No hay comentarios

Derrota da UD Ourense na súa visita a Santiago. As de Rubén García prantaron cara a un filial en plena fase de ascenso na táboa, pero as baixas foron decisivas. As locais adiantáronse na segunda metade e sentenciaron o choque nos instantes finais, cas nosas volcadas o ataque. 

As pupilas de Rubén García seguen competindo coma leoas nunha categoría na que as lesións impedíronlle estar máis arriba. Chegaban a Santiago con tan só 14 xogadoras a disposición do técnico, despois de sufrir novas lesións e o equipo notouno, aínda que coma de costume, deron a cara en todo momento e ata gozaron dalgunha oportunidade para adiantarse no marcador.

A primeira metade estivo marcado pola igualdade entre ambos conxuntos, con ocasións para ambas escuadras, pero as defensas e as imprecisións ofensivas impúñanse polo momento. Laura e Cris foron das máis activas no ataque vermello, pero non foron quen de perforar a meta rival.

Na segunda metade, as locais comezaron impoñendo a súa lei e cercando a meta de Noe. Froito delo, chegou o tanto de Noela no minuto 61, que abría o marcador a favor das santiaguesas. Tralo gol, as nosas botáronse arriba en busca do empate. Rubén deu entrada a Andrea, Noa e Aldara en detrimento de Silvia, Celia e Zaira.

Coas nosas volcadas en busca dun tanto que non chegaba, chegou a sentencia das locais no desconto cun novo tanto de Noela. As vermellas, con esta derrota, manteñen as séptima praza, pero ven coma as rivais recurtan diferenzas. Restan 4 xornadas e o obxetivo e defender esa posición.