Victoria FC “B”- UD Ourense: Regreso a competición con moitas baixas

con No hay comentarios

A UD Ourense visita Santiago para enfrontarse o Victoria FC “B” (domingo, 16:00 horas). As nosas, tralo parón de dúas semanas de competición e ca permanencia xa acadada, buscarán defender a súa posición na táboa, para acabar o máis arriba posible. Rubén García tan só poderá contar con 14 xogadoras para esta cita. As lesións seguen a ser un quebradeiro de cabeza.

A enfermería da UD Ourense non da abasto. Unha tempada negra no apartado de lesións para un equipo chamado a pelexar o ascenso e o que lle creceron os ananos cas doenzas de xogadoras moi importantes, que lastraron as opcións das pupilas de Rubén García, que pese a todo, competiron moi ben. A parte positiva está nas xóvenes xogadoras, que gozaron de máis minutos e que seguen crecendo a pasos axigantados.

As nosas visitan mañá a cancha do Victoria santiagués, rival que marcha en décima posición con 9 puntos, a 7 das vermellas, que son séptimas cunha vantaxe importante sobre os seus inmediatos perseguidores. Trátase dun filial con moita xente xoven e no que destacan varias xogadoras que apuntan a xogar a próxima campaña no primeiro equipo. As santiaguesas acumulaban antes do paróin 4 xornadas consecutivas sen gañar, nas que tan só puideron acadar un empate, por 3 derrotas.

Rubén García non poderá contar para esta cita cas baixas xa coñecidas de Moni, Jani e Lucía. A elas sumouse Sofía, cunha fractura no esternón, tras sufrir unha caída de bicicleta. Tampouco viaxará Emma, por problemas familiares. Feijoo, lesionada nunha man, tampouco será da partida. Aldara e Andrea, que regresan da excursión de fin de curso entran na convocatoria, na que tan solo viaxarán 14 xogadoras, debido o cúmulo de baixas.

Coa permanencia matemática acadada, o obxetivo é defender a séptima praza ligueira para acabar o mellor colocados posible. No clube xa se empeza a pensar na próxima tempada, pero antes toca rematar a actual do mellor xeito posible.

A continuación, a rolda de prensa de Rubén García, técnico do equipo: