Visita ó Couto do CRA Amencer

con 1 comentario

O martes 14 de marzo visitounos o CRA Amencer de Ribadavia no estadio do Couto.

Unha mañá estupenda onde a parte dos tradicionais agasallos e carnés escolares, se fixeron uns xogos sobre o céspede e un pequeno partidiño. Para esta visita especial contamos coa presenza das xogadoras do equipo feminino: Noelia, Laura,Lo e Cae;  por parte do masculino: Rubén Durán, Omar, Marcos Sotelo, Hugo García e Felipe un dos nosos utilleiros.

En representación do clube o coordinador da base Fernando Currás e Juan Romero por parte da directiva.

Aiquí deixamos a ligazón ó blog do centro para ollar en imaxes a súa visita:

http://carrilanadixital.blogspot.com.es/

Grazas o CRA Amencer, agardamos repetir experiencia o próximo curso escolar.

One Response

  1. […] entrada Visita o Couto do CRA Amencer aparece primero en Unión Deportiva […]