Viti: Confórmome con que se poida xogar

con No hay comentarios

Víctor Manuel Nieves, (Venezuela, 1994), xogará a súa terceira tempada coa camiseta vermella coa ilusión que o club lle sigue transmitindo ano tras ano.

  • Que esperas da tempada?

Confórmome con que se poida xogar sin ningún tipo de problema, que nos acompañe a sorte no apartado das lesións e que poidamos desfrutar.

  • Por qué decidiches renovar?

Pola ilusión que sigue transmitindo este club ano tras ano.

  • Que lle dirías á afección?

Que siga tan unida e ilusionada polo proxecto como fixeron todos estes anos. Son a parte máis importante do escenario.