Xa podes elixir aos mellores do mes de abril

con No hay comentarios

Abril será o último mes onde se elixan aos mellores xogadores dos equipos masculino e feminino. Polo que respecta ao equipo masculino foi un mes cargado de partidos (cinco de liga e un de copa) que nos deixaron resultados diversos:

COPA:

Bande, 1 – U.D.Ourense, 2

LIGA:

A Peroxa, 2 – U.D.Ourense, 5

U.D.Ourense, 1 – Bande, 3

A Manchica, 0 – U.D.Ourense, 1

U.D.Ourense, 2 – Ribeiro, 2

 

Os xogadores nominados son:

CRISTIAN DACOSTA: Titular en todos os partidos anotando un gol en cada partido contra o Bande e dous e dúas asistencias na Peroxa. Rendiu a un alto nivel neste mes.

OTERO: Neste mes apropiouse do posto de lateral dereito onde se mostrou firme e tamén se proxectou en ataque con asiduidade.

XACO: Constante e regular estivo presente en todos os partidos deste mes. Dao todo en cada partido sen escatimar esforzos.

 

En canto ao equipo feminino tamén tivo un mes moi intenso con catro partidos xogados con dúas vitorias, un empate e unha derrota.

Milagrosa, 1 – U.D.Ourense, 1

U.D.Ourense, 5 – Alertanavia, 1

Valladares, 3 – U.D.Ourense, 1

U.D.Ourense, 2 – Portonovo, 1

 

As xogadoras nominadas son:

HELE: Xogou todos os partidos a pesar de problemas físicos e noutras posicións debido a baixas de compañeiras, A pesares de todo rendiu a un alto nivel.

LO: A central ourensanista realizou uns grandes partidos. Titular en todos eles a súa contribución foi fundamental nestes complicados encontros.

MARÍA: Sempre responde xogue onde xogue, tanto da de central como de lateral, é un seguro de vida na defensa ourensanista.

MONI: Fundamental no centro do campo do equipo onde aporta traballo, calidade e liderazgo. Marcou o gol ante a Milagrosa.

Foto: Yedra Seara