Xa podes votar polos mellores xogadores do mes de marzo

con No hay comentarios

O equipo masculino pechou un gran mes de marzo co ascenso matemático ante o Velle no Couto. Os partidos disputados durante o pasado mes foron:

At.Arnoia, 2 – U.D.Ourense, 2

U.D.Ourense, 3 – Monterrei, 0

Antela, 0 – U.D.Ourense, 1

U.D.Ourense, 2 – Velle, 0

 

Os xogadores nominados son:

FRAN MARTÍNEZ: Está no seu mellor momento da tempada, xogando tanto na banda dereita como de mediocentro debido ás baixas nesa zona. Anotou o gol do triunfo en Xinzo ante o Antela.

JULIO MARTÍNEZ: Segue en gran forma. Tremenda regularidade sen desentonar en ningún momento. Marcou o primeiro gol ante o At.Arnoia.

RUBÉN DURÁN: Foi a gran figura do partido que certificou o ascenso ante o Velle. Marcou os dous goles sendo decisivo no desenlace do partido.

TITO CURRÁS: Está a facer un tándem perfecto con Julio Martínez. Moi regular en todos os partidos é moi difícil de superar para os dianteiros rivais.

 

En canto ao equipo feminino pleno de vitorias no mes de marzo. Estes foron os resultados:

Torre, 0 – U.D.Ourense, 1

U.D.Ourense, 2 – Deportivo B, 1

Xuventú de Aguiño, 0 – U.D.Ourense, 3

U.D.Ourense, 3 – Umia, 1

 

As xogadores nominadas son:

DANA: Enorme traballo o que desenvolve a centrocampista en cada partido. Loita e calidade para manexar os partidos.

HELE: A xogadora ourensá segue a demostrar a súa gran calidade en cada partido. Ante o Umia anotou dous goles, o segundo espectacular.

LAURA: A dianteira está no mellor momento da tempada. Desborda e ve porta con facilidade. Fixo un gol ante o Dépor B e dous en Aguiño.

PACY: A capitana segue a ser un seguro en defensa e ademáis fixo dous goles. O que nos deu o triunfo ante o Torre e outro en Aguiño.