Confirmouse a renovación de Xurxo, Aitor e Samuel para a vindeira tempada na Preferente Autonómica.
O capitán Xurxo será o único que continúe dos que comezaron coa Unión Deportiva Ourense en 3ª Autonómica fai tres anos. É todo un ídolo para a afección e un exemplo para os seus compañeiros. Comprometido totalmente co club. Se o respectan as lesións será un home importante para o equipo.
Aitor é un xogador polivalente que pode xogar de mediocentro, central ou lateral. A tempada pasada foi unha das revelacións xogando 30 partidos de liga e anotando 2 goles. A súa meta esta tempada é ter un rendemento máis regular, sen tantos altibaixos.
Por último o porteiro Samuel continúa coa ilusión de disputarlle o posto a Pato e de seguir disfrutando de xogar na U.D.Ourense. Todo un exemplo de comportamento e compromiso co club.
Foto: Yedra Seara