David Dacoba Costa, Ourense (2000), convírtese en novo xogador vermello. Dacoba procede do Xuvenil B do RC Celta de Vigo. Dúas tempadas estivo neste xuvenil, 2016-2017 e 2017-2018, xogando ambas tempadas en Liga Nacional.
Anteriormente integrou o mellor CadeteB da historia, tempada 2014-2015, do Celta de Vigo facendo unha liga perfecta: 34 partidos xogados; 34 partidos gañados; 102 puntos; 171 goles a favor e 15 en contra.
Dacoba ven para reforzar ao primeiro equipo máis o xuvenil, que, para este curso, xogará en Liga Galega. Moita sorte David!! Graciñas por confiar en nós!!