Atlético Marcón 2-1 UD Ourense: Chegou a hora de erguerse

con No hay comentarios

Derrota da UD Ourense diante do Marcón que os afasta dos postos de ascenso. Poucas ocasións dos vermellos, que recibiron un tanto psicolóxico antes do descanso. A expulsión de Omar e o segundo tanto dos locais fixo imposible a remontada vermella, que tivo que conformarse cun único tanto, anotado por Alfredo dende os 11 metros.

«Caerse está permitido, levantarse é obrigatorio». Esta consigna ben pode definir a actualidade da UD Ourense, un equipo que tropezou de novo por segunda xornada consecutiva e que debe revertir a situación canto antes para voltar a engancharse a pelexa polo ascenso a Terceira División. O fútbol é cuestión de dinámicas e os vermellos entraron nas últimas xornadas nunha mala racha a que toca darlle a volta. Mentras hai vida, hai esperanza e os vermellos quédanlles todavía 12 finais e 36 puntos en xogo para acadar o obxetivo e dar o salto a categoría nacional.

O partido arrincou cos vermellos tocando o coiro e controlando a situación, pero sen conseguir conectar cos homes de ataque. Currás fixo poucas variacións, a excepción da entrada de Joni e Alfredo, que regresaban a titularidade tras superar as súas lesións. Non daban ca tecla os vermellos, que a pesares de ter o balón, non canalizaban o seu xogo cara a portería rival. Alfredo tivo a máis clara nun lanzamento de falta que repeleu o cancerbeiro, foi a única chegada perigosa nun partido no que os balóns colgados foron a opción ante un equipo moi ben repregado e que conseguía gañar a partida por arriba os ourensáns.

Antes do descanso chegou a primeira fatalidade da tarde. Codeso derribaba a Sapi no área e o colexiado decretaba a pena máxima. Corría o minuto 44 e Iván non errou dende os 11 metros. Gol para os locais varapalo anímico para un equipo que non atopaba o seu xogo.

Trala reanudación, Currás lanzouse o ataque e deu entrada a Omar por Codeso, buscando maior creatividade na medular e que os balóns se xogasen por baixo. Aínda así, o perigo non chegaba e os locais asustaban a contra. O Marcón anotou un tanto que foi anulado polo colexiado. Omar vía a tarxeta vermella por unha entrada na medular e o partido rompíase por completo. O Ourense cun home menos, tentouno e Josu rozou un gol nun remate no interior da área, que o meta rival sacaba con máis fortuna que maña.

O MArcón mataría o partido a contra. Sapi remataba a porta vacía con Pato vencido tras unha gran xogada de Iván e sentenciaba o encontro. De ahí o final, Unai foi do máis destacado, dando máis verticalidade en ataque e provocando un penalti que Alfredo remataría o fondo da rede. Foi a última bala de un Ourense que veu como Pato salvaba o terceiro e que voltaba a cidade de baleiro.

Chegou a hora de erguerse e revertir a situación. O próximo domingo toca vencer o Campo Lameiro e esperar algún tropezo para recuperar posicións e recurtar o 6 puntos que nos distancian dos postos de ascenso. O Couto ten que ser unha caldeira nunha final para o equipo na que a comunión campo-grada pode decidir o devir do futuro. Con 36 puntos por xogarse queda un mundo en xogo, pero toca recuperar a moral duns xogadores que dende hoxe xa so pensan en gañar.