Adrián Presas reforza as filas ourensanistas

con No hay comentarios

A UD Ourense fai oficial a fichaxe de Adrián Presas, procedente do Ourense C.F. O xogador xa se exercitou ás ordes de Currás na sesión de adestramento deste martes e poderase estrear esta xornada se así o considera o corpo técnico.

Trátase dun xogador de corte ofensivo, que actúa como medipaunta, pero dada a súa polivalencia tamén pode xogar coma extremo. Un futbolista zurdo de moita proxección que, aos seus 20 anos xa destacou notoriamente nas categorías base, e a tempada pasada puido dar o salto á Terceira División Galega co Ourense C.F.

Presas, nova fichaxe dun xogador nado en Ourense, chega coa vitola de ter formado parte das categorías base do propio C.D. Ourense e Celta de Vigo, ó igual que un alto porcentaxe do plantel,  reforza a nosa filosofía de clube e o noso eslogan desta tempada #OurenseOsNososAlicerces #CremosNoqueTemos.

O futbolista ourensán xa se exercitou ás ordes de Fernando Currás e podería entrar na convocatoria de cara o partido desta xornada que terá lugar este domingo ás 12:00 contra o Campo Lameiro na nosa casa.

Con esta fichaxe, a terceira dende o Nadal, o clube da por pechado o capítulo de fichaxes coas chegadas de Xoel, Vieytes e o propio Adrián Presas.

Queremos agrecer ao Ourense C.F. as facilidades ofrecidas para a incorporación de Adrián e desexar un bo porvir ao noso novo xogador. Benvido e moita sorte!!