A xornada de fútbol 11 da fin de semana de #anosabase trouxo o fin da primeira fase en varias categorías
Xuvenil A – Portonovo
Victoria fraguada nunha gran primeira parte de dominio dos nosos que permitiu chegar ao lecer con vantaxe. Adiantou líñas o Portonovo na segunda metade, o cal permitiu as nosas contras para matar o partido
Cea – Xuvenil B
Victoria nun partido moi trabado no que, os nosos, foron mellores e, a pesares de non xogar do todo ben, conseguise gañar.
Cadete A – Celanova
Victoria dos nosos contra o segundo clasificado desta primeira fase. O partido dominouse dende o principio, mantendo a intensidade en todo momento.
Barco – Cadete B
Derrota no mellor partido da tempada, xogando de ti a ti a un rival que entrou na loita polo título. Partido igualado que se resolveu nos derradeiros minutos.
Infantil A
Descansou.
Infantil B – Peroxa
Victoria tras ir a remolque durante boa parte dun floxo partido. Nos últimos minutos maquilluse o resultado.