A xornada de fútbol 11 da fin de semana de #anosabase deixounos marcadores moi diversos
Vila do Corpus – Xuvenil A
Victoria ante un dos equipos punteiros da táboa. Dominio de os nosos durante o primeiro tempo, no que nos adiantamos, que mudou a prol dos locais na segunda metade, conquerindo o empate. O xuvenil reaccionou e conqueriu a victoria no tramo final.
Xuvenil B – Chantada
Derrota nun partido ao que acudíamos con moitas baixas. Competiuse ata o remate contra un moi bo equipo.
Bosco – Cadete A
Victoria dos nosos. Saímos confiados pola xeira de victorias e sen moita intensidade, pero o panorama trocou xa na primeira metade e permitiu sumar unha nova victoria.
Cadete B
Descansou esta semana.
Rúa – Infantil A
Derrota e eliminación nos oitavos de copa ante un Rúa moi físico, que se adiantou no marcador. Os nosos conseguiron darlle a volta ao partido na segunda metade, pero os erros fixeron que o partido quedara na casa.
Bosco B – Infantil B
Empate nun encontro moi igualado no que todos os tantos se conseguiron na segunda metade.