Os máis cativos de #anosabase disputaron unha nova xornada que comezou o venres.
Purísima – Alevín A
Victoria nun encontro moi ben controlado polos nosos.
Alevín B – Ourense CF
Victoria dos nosos nun partido moi serio durante todo o encontro no que non se diu opción ao rival.
Alevín C – Bande
Victoria nun partido dominado polos nosos, no que se mantivo a concentración e a intensidade e houbo bo xogo.
EDO – Benxamín A
Victoria nun encontro no que unha moi boa primeira metade permitiunos chegar con vantaxe ao lecer. Na segunda non estaríamos tan atinados e reduciuse a ventaxa.
Benxamín B – EDO
Victoria con remontada dos nosos que foron superiores ao rival dende o comezo do partido.
Celanova – Prebenxamín A
Derrota nun partido no que o tempo non acompañou. Os nosos estiveron mellos na reanudación pero non foi suficiente para cando menos igualar o encontro.
Prebenxamín B – Polígono
Derrota ante o líder no que se pagou a falta de concentración da primeira metade. A segunda metade foi mellor e houbo máis igualdade.