O día 20 de Xaneiro de 2019 ás 18:30 celebrou a súa sesión constitutiva a Xunta Electoral saída da Asamblea da Unión Deportiva Ourense celebrada o día 17 de Xaneiro de 2019. Tras a lectura do regulamento electoral do clube, decidiuse:
- Abrir exposición pública do censo electoral ata o luns 28 de Xaneiro de 2019 ás 21 horas no taboleiro situado nas oficinas do Estadio do Couto.
- Dar de prazo ata o día 1 de Febreiro de 2019 ás 23:59 horas para a presentación de candidaturas segundo o modelo adxunto.
- Convocar Asamblea Xeral Extraordinaria para o día 12 de Febreiro de 2019 ás 20 horas en primeira convocatoria ou ás 20:30 en segunda convocatoria no Salón de Actos da Casa de Chocolate, tendo como único punto da orde do día a elección da Xunta Directiva da Unión Deportiva Ourense.
Establecer como vía de comunicación para a presentación de candidaturas, resolución de dúbidas, recursos ao censo ou das candidaturas e comunicación oficial a dirección de correo electrónico eleccionsudourense2019@gmail.com, sendo ésta a única vía de comunicación válida.
Documentación das Eleccións |