Carlos López Sánchez (Xinzo de Limia, 1999), renova o seu compromiso coa UD Ourense. O canteirán quere demostrar que pode ser un xogador importante ante a que para el é a mellor afección da categoría.
- Que esperas da tempada?
Será unha tempada complexa, pero faremoslle frente con un gran grupo, ilusionado, unido e con moitas ganas de disfrutar e loitar por estar arriba.
- Por qué decidiches renovar?
Polas ganas de demostrar e convertirme nun xogador importante, e devolver ao club e afeccion onde se merecen estar.
- Que lle dirías á afección?
Pouco máis se lle pode dicir á mellor afección da categoría, con ganas de desfrutar con eles no Couto, este vai ser un gran ano.