Pablo Álvarez Fernández, (Nogueira de Ramuín, 1991), vestirá unha tempada máis a camiseta vermella. O central espera unha tempada complexa na que considera fundamental a conexión equipo-afección.
- Que esperas da tempada?
Espero primeiro, que se poida xogar sin problemas dada a situación na que nos atopamos e segundo, espero unha tempada complexa e moi competida como sempre é a terceira división.
- Por qué decidiches renovar?
Varias foron as razóns, digamos que se trata dunha aposta recíproca entre o club e eu.
- Que lle dirías á afección?
Pois agradecerlle o apoio constante e que sigan animándonos e estando o pé do canón como sempre. A conexión equipo – afección é moi importante para nós e sentir ese apoio, máis ainda nesta situación, paréceme fundamental.