Xuvenil
CD Rúa 1-3 UD Ourense
Vitoria do conxunto xuvenil dirixido por Agustín, que segue invicto con 9 xornadas desputadas do playoff polo título e comanda en solitario a clasificación. Os vermellos superaron o Rúa nun partido no que os nosos tiveron que amosar as súas mellores armas. Manuel inaugurou o marcador e Benji, pouco antes do descanso, aumentou as diferenzas. Na segunda metade, os valdeorreses anotarían un tanto ós 12 minutos da reanudación, pero Enrique sentenciaría o encontro a 8min do final.
Cadetes
O Cadete A non desputou encontro ligueiro ó haber parón nesta xornada na Liga Galega Cadete grupo Sur.
SD Chantada 6-3 UD Ourense «B»
Derrota do Cadete «B» no último encontro da Copa Cadete no seu sistema Liga. O equipo adestrado por Luis González chegaba a cita sen opcións de pelexar a clasificación e pechou a súa participación neste torneo cunha derrota. Os ourensáns adiantáronse no marcador grazas a un tanto de Brais aos 2 minutos de xogo. Os locais daríanlle a volta o marcador en tan só 15 minutos, pero un novo tanto de Miguel devolvía a igualada. O Chantada anotaría 3 tantos antes do descanso, o que sería decisivo. Hugo fixo o 6-3 de penalti. Os vermellos arrincan agora unha segunda fase cos clubes con pior clasificación na primeira ronda.
Infantís
UD Ourense 0-3 CD Velle
Derrota do conxunto infantil en Miraflores, diante do Velle. Os vermellos non tiveron o seu día diante dun rival directo e caíron con contundencia, afastándose moito dos postos que dan acceso a xogar o campionato galego. Os visitantes deixaron o partido sentenciado na primeira metade, onde anotaron os 3 tantos do encontro.
UD Ourense «B» 1-1 CF Monforte «B»
Primeiro partido do torneo copeiro que se desputa en primeira fase nun formato ligueiro e no que o segundo equipo infantil acadou un empate no seu primeiro compromiso do torneo fronte o Monforte «B». Manuel adiantou os ourensáns na primeira metade. Os unionistas dispuxeron de ocasións de pechar o partido, pero tamén tiveron que deter algunhas acometidas rivais. O tanto de Teresa no 78 privou os nosos de sumar 3 puntos.
Alevís
UD Ourense 0-2 EDC Verín
Derrota do conxunto alevín que adestra Álex Castro diante do segundo clasificado, a EDC Verín. Os vermellos prantaron cara a un dos equipos con máis poderío da categoría e viuse un gran encontro. Os verineses anotaron os seus dous tantos en momentos psicolóxicos, a dous minutos do descanso e dous minutos despois da reanudación. Os nosos tentaronno, pero non foron quen de meterse no encontro.
AD Bosco «B» 0-3 UD Ourense «B»
Vitoria do segundo equipo alevín, que se refixo trala derrota da semana anterior fronte o Monforte. Os nosos sumaron tres puntos valiosos fronte o AD Bosco «B», que os manteñen a 3 puntos dos monfortinos, que marchan coma líderes. Os nosos comezaron adiantándose no minuto 3 de partido e antes do descanso xa vencían por 2-0. Na segunda metade anotarían un terceiro tanto.
Pabellón «C» 1-4 UD Ourense
Seguen sumando vitorias e firmando un currículum impecable o terceiro equipo alevín de Ramón Dacosta, que tan só sabe gañar esta temapada. Os vermellos venceron nesta ocasión o Pabellón «C» en Os Remedios. Os nosos fixeron unha gran primeira metade, marchando o descanso cunha vantaxe de tres tantos e mantendo a porta a 0. Xa na segunda, os nosos pequenos acadarían o cuarto tanto, namentras que os pabellonistas tamén verían portería.
Benxamís
UD Ourense 1-4 EDC Verín
Derrota dos benxamís en Miraflores, diante do segundo clasificado, o Verín. Os nosos veron freada a súa racha ascendente e cortada a súa progresión na táboa, estando agora a 4 puntos dos postos que dan acceso o campionato galego. Os nosos xogaron de tú a tú diante dun rival que marchou o descanso vencendo por 0-2. Os vermellos meteríanse no encontro o comezo da segunda metade, recurtando as diferenzas, pero os verineses sentenciarían pouco despois. Gran imaxe do equipo.
UD Ourense «B» 2-4 AD Bosco
Derrota do segundo equipo benxamín diante do AD Bosco, nun gran encontro para os nosos pequenos, no que fixeron unha gran labor e deron guerra a un dos equipos da parte alta da táboa. Adiantáronse os locais con dous tantos consecutivos, pero os nosos recurtaron distancias antes do descanso. Na segunda metade os visitantes acabríanse impondo.
Prebenxamís
UD Ourense 0-5 ED Ourense
Derrota do prebenxamín no seu partido ligueiro do playoff polo título fronte a ED Ourense. Os pequenos vermellos seguen crecendo e mellorando, pero non puideron cun equipo que prosegue invicto na competición e que amosou o seu poderío.
UD Ourense «B» 1-8 Ribeiro FC
O segundo benxamín prosegui coa súa formación futbolística e educativa, cun encontro en Miraflores, onde se impuxo o Ribeiro, equipo punteiro da categoría.
Xuvenil | 24-02 17:30 | CD Rúa | 1 · 3 | UD Ourense |
Cadete | – | *non houbo xornada este fin de semana | ||
Cadete B | 24-02 12:45 | Chantada SD | 6 · 3 | UD Ourense B |
Infantil | 25-02 10:00 | UD Ourense | 0 · 3 | CD Velle |
Infantil B | 25-02 11:30 | UD Ourense B | 1 · 1 | CF Monforte B |
Alevín | 24-02 17:00 | UD Ourense | 0 · 2 | EDC Verín |
Alevín B | 24-02 11:00 | AD Bosco B | 0 · 3 | UD Ourense B |
Alevín C | 24-02 10:30 | Pabellón CF C | 1 · 4 | UD Ourense C |
Benxamín | 24-02 17:00 | UD Ourense | 1 · 4 | EDC Verín |
Benxamín B | 25-02 13:00 | UD Ourense B | 2 · 4 | AD Bosco |
Prebenxamín | 24-02 16:00 | UD Ourense | 0 · 5 | ED Ourense |
Prebenxamín B | 24-02 16:00 | UD Ourense B | 1 · 8 | Ribeiro FC |